Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto obxecto de notificación adoptouse pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 5 de novembro de 2024
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto obxecto de notificación |
|
VP-C 007/2024 |
44810407J |
Resolución |
|
VP-C 012/2024 |
149151118D |
Resolución |
|
VP-C 031/2024 |
32774897N |
Resolución |
