Nas sesións que tiveron lugar os días 13 de novembro e o 18 de decembro de 2023, e o 23 de setembro, 5 e 12 de novembro de 2024, respectivamente, a Comisión de Selección, nomeada pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas prazas dos grupos e categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a de grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 062), convocadas pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Aprobar e facer pública a baremación definitiva de méritos do concurso das persoas aspirantes admitidas definitivamente, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, ao proceso selectivo extraordinario para o ingreso nos grupos e categorías seguintes:
– Titulado/a superior (grupo I, categoría 004).
– Titulado/a de grao medio (grupo II, categoría 007).
– Administrativo/a (grupo III, categoría 062).
A baremación definitiva dos méritos do concurso, completa e parcial de acordo co establecido no punto III.1 das bases da convocatoria (titulación e idiomas, cursos de formación, lingua galega e experiencia profesional), recollida no anexo I, poderase consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional, e o anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Contra a baremación definitiva poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo para a interposición do recurso comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de aprobación da baremación definitiva.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024
Antonio Casas Calviño
Presidente da Comisión de Selección
