DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61325

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura dunha (1) praza de persoal laboral fixo de dirección e asesoría xurídica do Centro de información á muller incluída na modificación 1 da oferta de emprego público extraordinaria de 2022 para a estabilización do emprego temporal, ao abeiro do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración local, faise público que por Decreto do alcalde 1041/2024, do 21 de outubro, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de concurso, para a cobertura das seguintes prazas incluídas na modificación 1 da oferta de emprego público extraordinaria de 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello de Padrón, ao abeiro do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro:

– Denominación: dirección e asesoría xurídica do Centro de Información á Muller.

– Número: unha (1).

– Clase: persoal laboral.

– Grupo: I.

– Xornada laboral: parcial de 22,5 horas semanais.

Boletín de publicación das bases reguladoras: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 207, do 25 de outubro de 2024.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación do presente anuncio en el Boletín Oficial del Estado, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen perxuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Padrón, 29 de outubro de 2024

Anxo Rei Arca
Alcalde