DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de concurso, para a cobertura de oito (8) prazas de persoal laboral fixo de peón do grupo de emerxencias supramunicipal incluídas na modificación 1 da oferta de emprego público extraordinaria de 2022 para a estabilización do emprego temporal, ao abeiro da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de administración local, faise público que por Decreto do alcalde 1041/2024, do 21 de outubro, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de concurso, para a cobertura das seguintes prazas incluídas na modificación 1 da oferta de emprego público extraordinaria do 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello de Padrón, ao abeiro da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro:

– Denominación: peón do grupo de emerxencias supramunicipal.

– Número: oito (8).

– Clase: persoal laboral.

– Grupo: V.

– Xornada laboral: completa, a quendas de luns a domingo.

– Boletín de publicación das bases reguladoras: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 207, do 25 de outubro de 2024.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación deste anuncio en el Boletín Oficial del Estado, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen perxuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Padrón, 29 de outubro de 2024

Anxo Rei Arca
Alcalde