En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración local, faise público que polo Decreto do alcalde 1041/2024, do 21 de outubro, convocouse o procedemento de selección, mediante o sistema de concurso, para a cobertura das seguintes prazas incluídas na modificación 1 da oferta de emprego público extraordinaria de 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello de Padrón, ao abeiro da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro:
– Denominación: conserxe albergue de peregrinos.
– Número: unha (1).
– Clase: persoal laboral.
– Grupo: V.
– Xornada laboral: completa.
– Boletín de publicación das bases reguladoras: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 207, do 25 de outubro de 2024.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio en el Boletín Oficial del Estado, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Padrón, 29 de outubro de 2024
Anxo Rei Arca
Alcalde
