DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61329

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade de tres prazas vacantes de auxiliar administrativo, subgrupo C2.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 127, do 1 de xullo de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir definitivamente, mediante o sistema de selección de oposición, tres prazas vacantes do cadro de persoal vixente de auxiliar administrativo da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, reservadas a funcionarios de carreira, incluídas na oferta pública de emprego do ano 2024, que se corresponden cos postos número 01.04.00.02, 02.01.00.03 e 02.01.00.08 da relación de postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 182, do 18 de setembro de 2024, publicouse un anuncio de corrección dos erros cometidos na base 10ª das citadas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 23 de outubro de 2024

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde