En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: José Manuel Queiruga Tome.
DNI: ***9677**.
Expediente: DH.A15.103290.
Volume total anual: 3.482,44 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 4,55 l/s.
Destino: rega, gandeiro e muíño.
Orixe: rego de Corral de Abaixo.
Lugar: Esparrelle.
Parroquia: Caamaño.
Concello: Porto do Son.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na derivación de auga do rego mediante unha antiga presa de formigón, á altura do punto de coordenadas UTM X=497.852 Y=4.722.638, da cal, pola marxe dereita, parte unha canle duns 30×30 cm que leva a auga ata finalmente o muíño de Candeiro, e pola marxe esquerda parte outra canle duns 50×50 cm e máis tarde de 30×30 cm ata unha pía onde bebe o gando e úsase para regar parte da parcela nº 1514 do polígono 29.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Centro
