DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2024 Páx. 61365

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, pola que se se fan públicas as puntuacións definitivas da proba tipo test e dos méritos baremados das persoas aspirantes no procedemento para novas inclusións (PR410A).

Transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles previsto no artigo 5.5 da Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG do 1 de decembro), na sesión que tivo lugar o 12 de novembro de 2024 este tribunal cualificador

ACORDOU:

Primeiro. Resolver as alegacións presentadas polos aspirantes á baremación dos méritos do procedemento PR410A.

Segundo. Publicar na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR410A e no portal de servizos web Eidolocal as puntuacións definitivas da proba tipo test e dos méritos baremados das persoas aspirantes no procedemento PR410A.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Administración Local, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal