Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS MOS707 e CT Louriño, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 6 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/367-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS MOS707 e CT Louriño.
Concello: Mos.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36033A031060090001DT |
Namelas |
Alejandro Estévez Lugo |
17 de decembro de 2024 |
12 |
