En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Paz García Abelairas.
DNI: ***8118**.
Expediente: DH.A27.94145.
Volume total anual: 6.935 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,25 l/s.
Destino: uso gandeiro.
Orixe: manancial.
Lugar: Leira das Pedras.
Parroquia: Agüela.
Concello: Antas de Ulla.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial na parcela nº 121 do polígono 5, e na súa canalización mediante unha tubaxe de PE de 40 mm de diámetro ata os depósitos situados na parcela de referencia catastral 27003A0148006680000XO, desde os que parten dúas tubaxes de 24 mm de diámetro ata dúas naves de cebadeiros de porcino situados na mesma parcela.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
