Intentada sen efecto a práctica da notificación no domicilio da persoa destinataria que se relaciona no anexo, da Resolución do conselleiro de Sanidade do 25 de setembro de 2024 sobre responsabilidade patrimonial, procédese a súa publicación de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que se comunica á persoa interesada aos efectos do disposto no artigo 46 da mesma lei para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) compareza no lugar indicado no referido anexo, para o coñecemento íntegro do acto.
Transcorrido o dito prazo de 10 días sen ter comparecido, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao seu vencemento.
Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da devandita lei, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Igualmente, poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica
da Consellería de Sanidade
ANEXO
Nº de expediente: DC-2024-00029.
Reclamante: 32740973J.
Último enderezo coñecido: rúa Santiago, nº 31, 02, 15600 Pontedeume, A Coruña.
Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade do 25 de setembro de 2024 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial presentada.
Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.
Prazo de comparecencia: 10 días.
