DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2024 Páx. 61760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de novembro de 2024, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente C-2013 ADQ01, conta 8.

Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, número 2, piso 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 7 de novembro de 2024

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoas interesadas

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto da notificación

Herdeiros de Manuel

Rodríguez Ramil

...681A

Notificación da resolución pola que se acorda

resolver o contrato de arrendamento dunha

vivenda e comunicación do prazo para a

retirada de mobles, que se considerarán abandonados

se non son retirados.

Expediente C-2013 ADQ01, conta 8