Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 29 de outubro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 452 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 42,51 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa.
Actual titular: Ramona Irago Fernández (***3706**).
Novas titulares: Ana María Doval Irago (***4413**) e María Guadalupe Doval Irago (***5728**).
As novas titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Vigo, 30 de outubro de 2024
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
