De conformidade co establecido na epígrafe 16 da Resolución desta dirección xeral, do 1 de abril de 2024, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/25, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o programa Plurinfantil, de plurilingüismo no segundo ciclo da educación infantil.
Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2024
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
ANEXO
Plurinfantil: centros autorizados 2024/25
|
Cód. centro |
Nome do centro |
Idioma |
Etapas solicitadas |
|
32014501 |
CEIP Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez |
Inglés |
Educación infantil |
|
32015256 |
CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira |
Inglés |
Educación infantil |
|
36014799 |
EEI Vila Laura |
Inglés |
Educación infantil |
|
36014817 |
CEIP Plurilingüe da Igrexa-Chapela |
Inglés |
Educación infantil |
|
36016942 |
CEIP Plurilingüe de Santiago de Oliveira |
Inglés |
Educación infantil |
|
36003480 |
CEIP Plurilingüe de Agolada |
Inglés |
Educación infantil |
|
32009062 |
CPR Plurilingüe Cardenal Cisneros |
Inglés |
Educación infantil |
|
32008707 |
CPR Plurilingüe La Purísima |
Inglés |
Educación infantil |
