DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2024 Páx. 61611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 14 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada Proxecto para a autorización de execución de instalacións de gas natural canalizado ao sector S-2 San Pedro de Visma no termo municipal da Coruña, no concello da Coruña, promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2024/2-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF A15383284, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición:

• Construción dunha nova antena de subministración de gas natural canalizado de 10 metros de lonxitude a unha presión MOP de 4 bares PE DN 200 SDR 17,6 e cunha válvula de conexión DN 200 (1 ud.), que se instalará no sector S-2 San Pedro de Visma no termo municipal da Coruña. A orixe da instalación é na rede de distribución existente con número de expediente IN 627B 2004/22-1 e remate na ERM proxectada.

• Estación de regulación e medida á infraestrutura de distribución.

– ERM MOP 4/0,4 Q 2500-D, cun caudal máximo de 2.874 m3(n)/h. Conexión de entrada na antena de subministración PE DN 200 a MOP 4 bares e conexión de saída a rede de distribución con PE DN 200 a MOP 0,4 bares.

• Construción dunha nova rede de gas natural canalizado que se instalará no sector S-2 San Pedro de Visma. Esta rede de distribución vaise executar a unha presión MOP de 0,4 bares e 4,824 metros de lonxitude total. Os puntos de conexión da rede, así como a súa ampliación será de:

– Presión: 0,4 bares.

– Diámetros:

▪ 345 metros de PE DN 200, SDR 17,6.

▪ 111 metros de PE DN 160, SDR 17,6.

▪ 548 metros de PE DN 110, SDR 17,6.

▪ 3.823 metros de PE DN 90, SDR 17,6.

• Instalación de válvulas de liña (15 uds).

– DN 200 (1 ud.).

– DN 160 (1 ud.).

– DN 110 (3 ud.).

– DN 90 (10 ud.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 14 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña