DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2024 Páx. 61594

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2024 pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Departamento de Xestión).

De conformidade co establecido na base IV.1 da convocatoria que regula o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 1 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2022), esta presidencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na praza de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galicia, grupo 1 (Dirección do Departamento de Xestión), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, que figura como anexo a esta resolución e que se poderá consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso selectivo as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas, á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024

Manuel Pérez Álvarez
Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO I

Tribunal cualificador

Presidente titular

Patricia Roiloa Rodríguez

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Secretaria titular

Vanesa Brea Lago

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

Sonia Otero Rey

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

Jose Luís Maestro Castiñeiras

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

Alfonso García Magariños

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1, escala de letrados

Presidente suplente

Dalmiro Núñez Méndez

Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional

Subgrupo A1

Secretario suplente

Celso Araujo Castro

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal suplente

Guillermo Otero Piñeiro-Maseda

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal suplente

Margarita Fernández Sobrino

Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional

Subgrupo A1

Vogal suplente

Belén López López

Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional

Subgrupo A1