DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2024 Páx. 61934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de outubro de 2024, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Ferroglobe Cuarzos Industriales Mining, S.A. de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación de dominio público portuario en voo e en superficie para a construción de naves para almacenamento de medios mecánicos e auga para sistema de nebulización e rega de minerais en explanada portuaria (expediente 14-07-24-C-2).

O día 11 de outubro de 2024 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Ferroglobe Cuarzos Industriales Mining, S.A. de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación de dominio público portuario en voo e en superficie para a construción de naves para almacenamento de medios mecánicos e auga para sistema de nebulización e rega de minerais en explanada portuaria (expediente 14-07-24-C-2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O anterior faise público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de outubro de 2024

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte