De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), publícase o emprazamento para trámite de audiencia, previsto no artigo 118.2 da LPAC en relación co recurso de reposición formulado contra a resolución ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/107/2022-RP1, á persoa interesada co documento nacional de identidade número 35455008W.
O recurso formulado e o expediente relacionado encóntranse á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
