DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2024 Páx. 61940

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia

ANUNCIO de exposición do censo electoral.

Aprobado provisionalmente o censo electoral correspondente á elección de cargos para cubrir os tres postos vacantes, exponse ao público durante un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio inserido no DOG, para que os interesados presenten as reclamacións que consideren oportunas a través do Rexistro Xeral da sede colexial.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2024

Carolina Barrero López
Presidenta do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia