DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2024 Páx. 61845

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala auxiliar, subgrupo C2, con requisito de idioma, pola quenda de acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 18 de outubro de 2021 (DOG do 8 de novembro) para o ingreso na escala auxiliar, subgrupo C2, con requisito de idioma, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de acceso libre e, comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala auxiliar, con requisito de idioma, subgrupo C2, da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. No anexo da resolución relaciónanse as persoas nomeadas e os destinos adxudicados.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 2 de decembro de 2024.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día hábil seguinte á data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Adxudicación de destinos

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***8169**

Porto Leis, Berta

PF000964

Posto base. Oficina de Captación Internacional

17

C1/C2

Mañá

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER

2

***1958**

Lodeiro Vales, María Teresa

PF000848

Posto base. Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

Mañá

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER

3

***5109**

López López, Zaira María

PF000538

Posto base. Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

Mañá

Lugo

Nivel B2 de inglés do MCER

4

***7433**

Castro Hierro, Olalla

PF000849

Posto base. Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

Mañá

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER

5

***3581**

Núñez Cartelle, María del Pilar

PF000850

Posto base. Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

Mañá

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER

6

***3765**

González Rodríguez, Sonia

PF000851

Posto base. Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

Mañá

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER

7

***9859**

Souto Méndez, Luisa

PF000876

Posto base. Oficina de Información Universitaria

17

C1/C2

Mañá

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER

8

***4533**

Corral Lamela, Ana Belén

PF000800

Posto base. Escola de Doutoramento Internacional da USC

17

C1/C2

Mañá

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais/Comparte Museo Luis Iglesias. Nivel B2 de inglés do MCER