Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 27 de setembro de 2024 mediante a Resolución do secretario xeral de Universidades do 20 de setembro de 2024).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Biofabricación pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
Vigo, 18 de novembro de 2024
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Biofabricación.
Código RUCT: 3500262.
Rama de coñecemento: Ciencias.
Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
|
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
|
Obrigatorias |
24 |
|
Optativas |
12 |
|
Prácticas externas |
12 |
|
Traballo fin de máster |
12 |
|
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Contido do plan de estudos.
|
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulos |
|
Biomateriais e Biofabricación I |
3 |
OB |
Común |
|
Biomateriais e Biofabricación II |
3 |
OB |
|
|
Bioloxía Celular en Biofabricación |
3 |
OB |
|
|
Fundamentos da Enxeñaría de Tecidos |
3 |
OB |
|
|
Introdución á Medicina Rexenerativa. Lexislación e Bioética |
6 |
OB |
|
|
Bioestatística e Bioinformática |
3 |
OB |
|
|
Emprendemento |
3 |
OB |
|
|
Procesos da Biofabricación Avanzada I |
3 |
OPT |
Específico |
|
Procesos de Biofabricación Avanzada II |
3 |
OPT |
|
|
Ensaios Preclínicos con Cultivos Celulares e Tisulares |
6 |
OPT |
|
|
Experimentación Preclínica Modelo Animal |
6 |
OPT |
|
|
Modelos Clínicos en Terapias Avanzadas en Especialidades Médico-Cirúrxicas |
6 |
OPT |
|
|
Prácticas externas |
12 |
OB |
Prácticas externas |
|
Traballo fin de máster |
12 |
OB |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Biofabricación pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster.
