DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62050

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 5 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro), modificada por Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Convocar o día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) para realización da proba física, de conformidade co disposto na base II.7.2 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 23 de xaneiro), ás persoas aspirantes ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2, en chamamento único segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal