Na sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro); (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Convocar o día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) para a realización da proba física, de conformidade co disposto na base II.7.2. da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), as persoas aspirantes ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe de brigada (grupo B), en chamamento único segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres (3) meses respecto da data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024
Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal
