DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 289/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 289/2024 interposto por Amalia Sánchez Novelle contra a Resolución reitoral do 30 de xullo de 2024 de corrección de erros da Resolución reitoral do 24 de xullo de 2024 que pon fin ao proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar administrativa/subescala administración, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de novembro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo