DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0001/2024-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-FE-0001/2024-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 12 de novembro de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0001/2024-PPM

47353688T

Resolución

Lugar Viseo, nº 16, Muxía

PSC-FE-0009/2024-PPM

52937367S

Resolución

R/ Camiño Real, nº 5, Ribeiriña, A Pobra do Caramiñal

PSC-FE-0010/2024-TRA

32787637X

Resolución

Lugar Agra de Bragua, nº 42, 3º dta., A Coruña

PSC-FE-0138/2024-PPM

32944858A

Resolución

Lugar O Portiño, nº 61, baixo, A Coruña