DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62216

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 4 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación e do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da resolución da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos documentos previstos na citada base.

Segundo. Elevar a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e propoñer o nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

6º exercicio

Total

***1797**

López Fernández, David

26,50

3,25

Exento

32

18

22,5

102,25

***8779**

Díaz Seco, Laura

23,48

3,25

Exenta

29,83

22

23

101,56

***2706**

Álvarez Vázquez, Amalia

30,22

5

Exenta

22

19

24

100,22

***9248**

Seijo Vázquez, Ignacio Tomás

30,30

4,75

Exento

19,83

19

22,75

96,63

***3199**

Basteiro Álvarez, Nuria

17,51

4

Exenta

20,5

17,51

18,5

78,02