Unha vez presentadas as renuncias dunha vogal titular e dunha vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Mónica Ana Meilán Pita como vogal titular e María José Pérez Dafonte como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a María José Pérez Dafonte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e como vogal suplente a María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
