De conformidade co artigo 44.6 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a modificación da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 13 de novembro de 2024, do proxecto de ampliación dun matadoiro mediante implantación de planta de biogás máis un sistema combinado de DAF e humidais, no concello de Silleda (Pontevedra) promovido por Frigoríficos Bandeira, S.L.
A dita resolución poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
