Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto que se inclúe no anexo.
Lugo, 12 de novembro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Expediente 2022-37-ATE.
|
Predio |
Propietario |
Concello |
Polígono |
Parcela |
|
1 |
Jaime Fernández Ojea |
Paradela |
17 |
1107 |
