Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, ITC e substitución CTI Broullón, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 12 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/500-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS, ITC e substitución CTI Broullón.
Concello: Moaña.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36029A019000280000IQ |
Broullón |
Descoñecido |
10 de xaneiro de 2025 |
12.00 |
|
2 |
36029A017000440001OH |
Broullón |
Descoñecido |
10 de xaneiro de 2025 |
12.00 |
