DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, de notificación da resolución de revisión cartográfica en relación co expediente de reestruturación parcelaria da zona de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, contado desde o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 12 de novembro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Nº prop.

Interesada/o

Acto que se notifica

97

34642777Q

Resolución do 1.10.2024

481

34987076M

Resolución do 1.10.2024

545

34639358R

Resolución do 1.10.2024