DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 5 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente 2024/113-ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: Regulamentación LMTA FRO803 en tramo entre o apoio número 38 e número 44 (Palas de Rei).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• Reforma, con cambio de trazado, da LMTA FRO803 a 20 kV, substituíndo os apoios existentes con números 39, 40, 41, 42 e 43 por 10 apoios de celosía metálica e o condutor tipo Pigeon existente por LA-110 sobre os apoios proxectados, cunha lonxitude de 1.170 m. Retensado do condutor de tipo Pigeon existente entre os apoios número 38 existente e 39 proxectado e entre os apoios número 43 proxectado e 44 existente.

• Substitución dos apoios con números 42-1, 42-2, 42-3 e 42-4 da LMTA FRO803 a CT 27A725 por tres apoios de celosía metálica e renovación do condutor existente tipo LA-56 sobre os apoios proxectados, cunha lonxitude de 379 m. Retensado do condutor existente de tipo LA-56 entre o apoio número 42-4 proxectado e o apoio número 42-5 existente.

• Retensado do condutor de tipo LA-30 existente entre os apoios número 43 proxectado e 43-1 existente da LMTA FRO803 a CT 27A717.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, núm. 70) no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste departamento territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Palas de Rei. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/palas-de-rei3

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 5 de novembro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LMTA FRO803 en tramo entre apoio número 38 e número 44 (Palas de Rei).

Concello: Palas de Rei (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/113-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio

(nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

Voo (lonx.)

Voo

(sup. m2)

2

77

59

Xestoso

Monte alto

José Cebral Ayude

42/1 e 42-1

2

4

311

4.917

6

77

216

Madrileja

Monte alto e prado

Eladio Busto Lodeiro

90

1.413

10

77

213

Parceille

Prado

Hros. de Manuel Devesa Paredes

29

302

12

77

263

Xestoso

Monte alto

Jorge González Escariz

52

829

15

85

58

Tenzas

Monte alto

Eladio Busto Lodeiro

42-2

1

2

105

1.677