Expediente: IN407A 2024/165-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: substitución dos apoios AJBPIHLE//254-B38 e AJDO4V2W//254-B39 da LMTA LAL805.
Concello: Forcarei.
Feitos:
1. O 15.4.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios AJBPIHLE//254-B38 e AJDO4V2W//254-B39 da LMTA LAL805.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, en que figura un orzamento total de 11.556,40 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas no circuíto aéreo das liñas de media tensión LAL805 no lugar de Fontela, na parroquia de Ventoxo, no concello de Forcarei (Pontevedra):
– Substitución dos apoios AJBPIHLE//254-B38 e AJDO4V2W//254-B39 por dous apoios de celosía C-2000/16, no tramo LAL8052941.
– Retirada dos XS 36HJ76 situados no apoio AJDO4V2W//254-B39 e instalación de novos XS no apoio proxectado.
– Retensado do van LAL8053082 augas arriba do apoio proxectado C-2000/16 (actual AJBPIHLE//254-B38) e do van LAL8052939 augas abaixo do apoio proxectado C-2000/16 (actual AJDO4V2W//254-B39).
– Substitución de 212 metros de condutor LA-56 por novo LA-56 entre os apoios proxectados.
– Desmontaxe de 61 metros en condutor LA-30 do tramo LAL8052940 entre o apoio AJDO4V2W//254-B39 e o apoio AJF1QV8F//254-B39-1CT.
– Instalación dun novo tramo de 60 metros de liña de media tensión aérea (LMTA), condutor LA-56, entre os apoios AJDO4V2W//254-B39 e AJF1QV8F//254-B39-1CT.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Forcarei e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Servizo de Montes.
O Concello de Forcarei non emitiu o condicionado técnico e, en consecuencia, enténdese a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación a este expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Substitución dos apoios AJBPIHLE//254-B38 e AJDO4V2W//254-B39 da LMTA LAL805, tramo LAL8052941, por dous apoios C-2000/16.
– LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 212 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 (nº 1) e final no apoio proxectado C-2000/16 (nº 2).
– LMTA a 20 kV, con condutor LA-56 de 60 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 (nº 2) e final no apoio existente (AJF1QV8F//254-B39-1CT).
– A instalación está situada en Fontenla, na parroquia de Ventoxo, no concello de Forcarei (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada substitución dos apoios AJBPIHLE//254-B38 e AJDO4V2W//254-B39 da LMTA LAL805, expediente IN407A 2024/165-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 30 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
