En sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 novembro de 2023 (modificada pola Resolución do 28 de novembro) para cualificar este proceso selectivo, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas, con indicación dos seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).
As persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para acreditar que cumpren os requisitos para seren nomeadas persoal laboral fixo, de acordo co establecido na base I.2 da convocatoria.
Segundo. Elevar esta relación ao titular da Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica de Persoas Adultas (Funga) entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xerencia da Funga, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024
Sonia Piñeiro Saá
Presidenta do tribunal
Anexo I
Grupo II, traballador/a social
|
Posición |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Exercicio único |
Fase de concurso |
Puntuación final |
|
1 |
****1768** |
Lago Sánchez, Eva María |
Acceso libre |
46,87 |
36,750 |
83,620 |
|
2 |
****9061** |
García Fernández, Raquel |
Acceso libre |
46,33 |
6,125 |
52,455 |
Anexo II
Grupo III, categoría 62, administrativo/a oficial 1ª
|
Posición |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Exercicio único |
Fase de concurso |
Puntuación final |
|
1 |
***5592** |
Alonso Pérez, Benito |
Acceso libre |
53,48 |
— |
53,48 |
