No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 227, do 21 de novembro de 2024, correspondente á oferta de emprego para o ano 2021, publicáronse a convocatoria e as bases que rexen a cobertura da seguinte praza vacante:
Denominación: arquitecto/a técnico/a, técnico/a grao medio, grupo A, subgrupo A2 (libre).
Solicitudes: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, de luns a venres, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, ou a través da sede electrónica (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal/info.0), ou ben de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios realizaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo. Unha vez iniciados os exercicios, os resultados faranse públicos na sede electrónica e no taboleiro de anuncios.
Sanxenxo, 21 de novembro de 2024
Paula Martínez Santos
Alcaldesa presidenta accidental
