DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 62882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no concello de Coirós (A Coruña).

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regulan o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude:

Empresa solicitante:

Nedgia, S.A.

Data da solicitude:

8 de outubro de 2024

Contido da solicitude:

Autorización administrativa previa e aprobación do proxecto de execución

Tipo de instalación:

Rede de distribución de gas natural

Denominación do proxecto:

Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a distribución de gas natural ao polígono de Pena Partida e subministración á industria Cortizo, no termo municipal de Coirós (A Coruña)

Núcleo de poboación da rede:

Polígono de Pena Partida, no termo municipal de Coirós (A Coruña)

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

• Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Nedgia, S.A.

• A empresa Nedgia, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas