DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 63091

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos grupos II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o dito proceso.

En sesión que tivo lugar o 23 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 novembro de 2023 (modificada pola Resolución do 28 de novembro) para cualificar este proceso selectivo, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas, con indicación dos seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

As persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para acreditar que cumpren os requisitos para seren nomeadas persoal laboral fixo, de acordo co establecido na base I.2 da convocatoria.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xerencia da Funga, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024

Sonia Piñeiro Saá
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Grupo II, traballador/a social

Posición

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exercicio único

Fase de concurso

Puntuación final

1

****1768**

Lago Sánchez, Eva María

Acceso libre

46,87

36,750

83,620

2

****9061**

García Fernández, Raquel

Acceso libre

46,33

6,125

52,455

ANEXO II

Grupo III, categoría 62, administrativo/a oficial 1ª

Posición

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exercicio único

Fase de concurso

Puntuación final

1

***5592**

Alonso Pérez, Benito

Acceso libre

53,48

53,48