DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 63088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da probación definitiva do estudo de detalle para reaxustar aliñacións e rasantes na avenida Antelo Mariño esquina rúa Benigno Esperón e rúa Valiña, de Espinosa & Rodríguez Architects Projects Managers, S.L.P., do Plan xeral de ordenación municipal.

Na sesión realizada o día 25 de setembro de 2024, o Pleno acordou entre outras cousas a aprobación definitiva do estudo de detalle para reaxustar aliñacións e rasantes na avenida Antelo Mariño esquina rúa Benigno Esperón e rúa Valiña (Poio), de Espinosa & Rodríguez Architects Projects Managers, S.L.P., do Plan xeral de ordenación municipal.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Poio: https://concellopoio.sedelectronica.gal/transparency/25769c5e-61f2-4be6-9dc4-65f4f522bb55/

Contra o presente acordo, segundo o disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente a dereito.

Poio, 6 de novembro de 2024

Ángel Moldes Martínez
Alcalde