Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o facer así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Vigo, 6 de novembro de 2024
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO I
Procedemento BS650A:
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar da persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00760-I/16 |
22707716T |
Suspensión 17.9.2024 |
ANEXO II
Procedemento BS650G:
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar da persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00583-X/15 |
34241774H |
Suspensión 13.9.2024 |
|
36/00447-X/19 |
X4989885N |
Suspensión 13.9.2024 |
|
36/00099-X/22 |
35196465W |
Suspensión 17.9.2024 |
|
36/00298-X/22 |
35235640P |
Suspensión 17.9.2024 |
|
36/00374-X/20 |
X1687098W |
Suspensión 13.9.2024 |
|
36/00749-X/21 |
78140976V |
Confirmación 21.10.2024 |
