DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Arzúa (expediente DH.A15.94335).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Fernando Conde Conde.

DNI: ***8390**.

Expediente: DH.A15.94335.

Volume total anual: 4.303,35 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,44 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: x= 573045,30, y= 4751145,32 (fuso29 ETRS89).

Lugar: Vilasuso.

Parroquia: Vilantime (San Pedro).

Concello: Arzúa.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga dun pozo de barrena de 104 m de profundidade e 110 mm de diámetro, situado na parcela de R.C. 15006A069002410000FX, mediante bomba somerxible de 2,6 CV, e a súa condución mediante tubaxe de 32 mm de diámetro ata o depósito sito no predio con R.C. 15006A069001580000FY, para uso gandeiro.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro