A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 27 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2023), pola que se realiza a convocatoria no proceso selectivo extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración Sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), dispón que contra os resultados da baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada ás persoas aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e a relación de persoas aspirantes seleccionadas, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022.
Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación das persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.3 da resolución de convocatoria.
Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, as persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
No suposto de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibilite para o desempeño das funcións propias da clase.
c) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal funcionario de carreira da mesma clase a que opta.
d) As persoas participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para accederen pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.
De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 27 de decembro de 2022, as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame desta se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, as persoas aspirantes que superen o proceso selectivo pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.
Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base décimo primeira da resolución de convocatoria do proceso.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Aspirantes seleccionados/as
|
Clase de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública |
|||||||
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Experiencia profesional |
Formación continuada |
Coñecemento de galego |
Total |
|
1 |
***9360** |
González Martínez, María Jesús |
LI |
14,640 |
12,000 |
5,000 |
31,640 |
|
2 |
***3105** |
Pastur García, María Begoña |
LI |
13,980 |
12,000 |
5,000 |
30,980 |
|
3 |
***5944** |
Novoa Fernández, Purificación |
LI |
11,760 |
12,000 |
5,000 |
28,760 |
|
Clase de inspector/a médico/a |
|||||||
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Experiencia profesional |
Formación continuada |
Coñecemento de galego |
Total |
|
1 |
***5038** |
Pena Castro, María del Carmen |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
|
2 |
***2343** |
Opazo Conde, María Jesús |
LI |
28,000 |
11,430 |
5,000 |
44,430 |
|
1 |
***3754** |
Liste López, María Teresa |
DI |
26,520 |
12,000 |
5,000 |
43,520 |
|
Clase de subinspector/a sanitario/a |
|||||||
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Experiencia profesional |
Formación continuada |
Coñecemento de galego |
Total |
|
1 |
***2986** |
Costas Serrano, Susana |
LI |
18,360 |
5,340 |
5,000 |
28,700 |
Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
