DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

ANUNCIO do 12 de novembro de 2024 de notificación do acordo de incoación do expediente disciplinario 1/2024.

Intentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da persoa interesada e na sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, en que poderá recoller a notificación mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sitas na rúa Airas Nunes, s/n, Conxo, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo da comunicación da súa comparecencia ao correo electrónico persoal.gain@xunta.gal

Expediente: disciplinario 1/2024.

DNI da interesada: 33237805E.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación