DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia nos expedientes IN407A 2020/113-1, no concello de Cariño, e IN407A 2019/182-1, no concello de Ames.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros, nos procedementos expropiatorios sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas realizadas, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 15 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/113-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: adecuación LMTA MEA816 e CT Feas e modificado 1.

Concello: Cariño.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito nº

Importe

2

Regas

15095A016010830000OK

Descoñecido

2024/15/1331

165,96 €

Modificado 1

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito nº

Importe

1

Esteiro de Arriba

9181412NJ8398S0001OF

Cesáreo Alvelo Rico

2024/15/1332

365,85 €

Expediente: IN407A 2019/182-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC e RBTS Covas-Pumariño.

Concello: Ames.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito nº

Importe

1

Igrexa

9181301NH2498S0001WO

Herdeiros de Dolores Búa Rodríguez

2024/15/1330

2.607,24 €