DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 18 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0014/2024-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Por tanto, por medio deste anuncio notifícanselle á persoa indicada no anexo os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro; BOE núm. 307, do 24 de decembro).

Para o coñecemento íntegro de tal acto e constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de novembro de 2024

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANP-CO-0014/2024-V

47403632B

Proposta de resolución