Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da LMTA e CTI Sandelle, que se realizarán na Casa do Concello da Estrada, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 18 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/26-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA e CTI Sandelle.
Concello: A Estrada.
|
Predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
6 |
36017W518013200000JM |
Leira longa |
Descoñecido |
11 de febreiro de 2025 |
12.00 |
|
11 |
36017W516011430000JM |
Leira longa |
Descoñecido |
11 de febreiro de 2025 |
12.00 |
|
12 |
36017W516011420000JF |
Leira longa |
María del Carmen e María Belén Castro García |
11 de febreiro de 2025 |
12.00 |
|
19 |
36017E509003810000HH |
Agro |
Modesto Tarrío |
11 de febreiro de 2025 |
12.00 |
