DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63801

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro do disposto na Orde do 7 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 e 2025, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento TR353B) (Diario Oficial de Galicia número 39, do 23 de febreiro).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

O artigo 26.6 da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 7 de febreiro de 2024 (DOG núm. 39, do 23 de febreiro), pola que se estableceron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria pública das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 e 2025 (código de procedemento TR353B), establece que as subvencións concedidas se publicarán, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

A convocatoria tiña como finalidade establecer as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas e subvencións do ano 2024 para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (programas de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O financiamento das axudas previstas na orde de convocatoria efectuouse con cargo aos créditos da aplicación 13.50.322A.460.2 (código de proxecto 2023 00111), ou aquelas que a substitúan, de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, e están cofinanciadas nunha porcentaxe do 60 % a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, en particular no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.03 .

A relación de subvencións concedidas e de entidades beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

ANEXO

Expediente

Entidade beneficiaria

CIF

Aplicación orzamentaria

Concedido 2024

Concedido 2025

15/00003/24

Concello de Betanzos

P1500900D

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

15/00004/24

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

15/00008/24

Concello de Fene

P1503600G

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

15/00009/24

Concello de Rois

P1507500E

13.50.322A.460.2

205.595,25 €

205.595,25 €

15/00010/24

Concello de Santa Comba

P1507800I

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

15/00012/24

Concello de Boiro

P1501100J

13.50.322A.460.2

204.106,65 €

204.106,65 €

27/00001/24

Concello de Ribadeo

P2705100B

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

32/00002/24

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

P3200026G

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

32/00004/24

Concello do Carballiño

P3202000J

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

36/00002/24

Concello de Lalín

P3602400H

13.50.322A.460.2

137.063,50 €

137.063,50 €

36/00007/24

Concello de Ponteareas

P3604200J

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

36/00008/24

Concello do Porriño

P3603900F

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

36/00009/24

Concello de Moraña

P3603200A

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

36/00010/24

Mancomunidade de Concellos do Val Miñor

P8605705F

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €

36/00011/24

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

P8605704I

13.50.322A.460.2

219.301,60 €

219.301,60 €