A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de doce prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles nas páxinas web: http://www.fundacionprofesornovoasantos.org; http://www.inibic.es
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 27 de novembro de 2024
Patricia Rey Pérez
Directora da Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC
