Mediante a Resolución da Universidade de Vigo do 1 de decembro de 2022, publicada no DOG do 16 de decembro, convocouse o proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas distintas escalas e subescalas de persoal de administración e servizos.
Rematado o proceso selectivo, agás no relativo á escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala de informática, dáse publicidade no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml e na páxina web https://www.uvigo.gal/es das listas de espera que se utilizarán para executar os cesamentos de persoal temporal que, de ser o caso, se produzan nos postos de traballo ofertados pola incorporación de persoal que participou nos procesos do concurso de méritos (Resolución do 5 de setembro de 2024, DOG do 17 de setembro), no proceso selectivo por concurso (Resolución do 1 de decembro de 2022, DOG do 16 de decembro) e no proceso selectivo por concurso-oposición (Resolución do 1 de decembro de 2022, DOG do 16 de decembro, e corrección de erros no DOG do 3 de xaneiro de 2023).
Determínase como data de entrada en vigor das citadas listas a da toma de posesión dos aspirantes que superaron os procesos de selección convocados mediante as Resolucións do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro): acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos, e acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos.
Vigo, 28 de novembro de 2024
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
