DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64194

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as baremacións definitivas e a lista de persoas aspirantes seleccionadas na convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 27 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal de investigación.

Mediante a Resolución deste mesmo centro directivo, do 27 de xuño de 2024 (DOG núm. 128, do 3 de xullo), declaráronse, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas nas convocatorias excepcionais do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación e publicáronse as datas de realización da fase de entrevista.

Mediante a Resolución deste mesmo centro directivo, do 19 de setembro de 2024 (DOG núm. 188, do 30 de setembro), fixéronse públicas as baremacións provisionais da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación.

A base 8.1.5 da Resolución do 27 de decembro de 2022 establece que, á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e elevará á autoridade convocante, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a relación de aspirantes seleccionados/as.

De conformidade coas ditas bases, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas seguintes categorías de persoal investigador:

– Investigador sanitario-subgrupo C1.

– Investigador sanitario-subgrupo A1.

– Investigador non sanitario-subgrupo A1.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso segundo a orde de puntuación acadada de conformidade co número de prazas convocadas en cada liña de investigación.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da Resolución do 27 de decembro de 2022, as persoas aspirantes definitivamente seleccionadas disporán dun prazo de dez días hábiles para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non encontrarse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

Cuarto. De conformidade coas bases 9.2, 9.3 e 9.4 da Resolución do 27 de decembro de 2022, as persoas que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame desta se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

No suposto de aspirantes que non poidan acreditar a capacidade funcional por encontrarse en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual (na categoría a que opta), incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez en virtude dunha resolución que prevé a revisión por melloría, ou que foi impugnada, o/a aspirante poderá achegar a documentación que acredite a recuperación da capacidade funcional ata o momento en que remate o prazo fixado para a revisión ou se dite a correspondente resolución, e continuará a súa participación no proceso desde ese momento, logo de acreditación da recuperación da capacidade funcional.

Quinto. De conformidade coa base 9.3, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso se poderá declarar que superou o concurso de méritos un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas.

Segundo a base 9.4, as prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no concurso de méritos, en cada liña, co destino que figura no anexo I da convocatoria.

Sexto. De acordo coa base 7.2 da Resolución do 27 de decembro de 2022 e co que se dispón no punto quinto da Resolución do 19 de setembro de 2024, exclúese do proceso selectivo da categoría de investigador sanitario-subgrupo A1 o aspirante Francisco Regueiro Mira nas liñas de investigación: CM22-Investigación-A1 SAN-Neurociencias, oncoloxía e hematoloxía, e CM22-Investigación-A1 SAN-Insuficiencia cardíaca avanzada e transplante cardíaco.

Sétimo. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Oitavo. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base décimo primeira da resolución pola cal se convoca este proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionados/as

Liña de investigación

DNI

Apelidos e nome

Formación

Investigación e innovación sanitaria

Experiencia profesional

Coñecemento de galego

Puntuación total

Investigador-non sanitario-subgrupo A1

Epidemioloxía xenética e molecular do cancro. Quimioprevención do cancro: ensaios clínicos. Vitamina D, nutracéuticos, fungos, microbioma.

***6276**

Redondo Marey, Carmen María

3,000

9,000

28,000

0,000

40,000

Estudo biomorfolóxico, banco de mostras e biomodelos en enfermidades raras

***9324**

Teijeira Bautista, Susana

1,610

9,000

28,000

5,000

43,610

Xenética das enfermidades cardiovasculares hereditarias asociadas á morte súbita cardíaca

***9491**

Blanco Verea, Alejandro José

1,650

9,000

28,000

5,000

43,650

Investigador-sanitario-subgrupo A1

Aplicación de estratexias proteómicas para o descubrimento de biomarcadores en artrose e artrite reumatoide

***9262**

Ruiz Romero, Cristina

2,110

9,000

28,000

0,000

39,110

Bases xenéticas de esquizofrenia e doutros trastornos psiquiátricos

***1137**

Costas Costas, Javier

3,000

9,000

26,700

5,000

43,700

Bases neuroendócrinas das accións das hormonas gastrointestinais sobre a homeostase enerxética: implicación na fisiopatoloxía da obesidade e metabolismo

***9020**

Seoane Camino, Luisa María

3,000

9,000

28,000

5,000

45,000

Biomarcadores, teragnóstica e terapias avanzadas en enfermidades neurolóxicas asociadas ao envellecemento

***7098**

Sobrino Moreiras, Tomás

2,300

9,000

18,000

5,000

34,300

Dianas terapéuticas para o tratamento de patoloxías do músculo esquelético relacionadas coa rexeneración e atrofia muscular

***5363**

Pérez Camiña, Jesús

3,000

9,000

28,000

5,000

45,000

Dosimetría de radiacións e modelos biomatemáticos de doses/resposta en radioterapia

***3109**

Pardo Montero, Juan

3,000

9,000

23,000

5,000

40,000

Enfermidades neuropsiquiátricas (demencia, esquizofrenia, depresión e trastorno por estrés postraumático): mecanismos epixenéticos, aprendizaxe e memoria, neuroxénese, biomarcadores en sangue, dianas terapéuticas e ferramentas bioinformáticas

***7542**

Agís Balboa, Roberto Carlos

3,000

9,000

9,500

5,000

26,500

Epidemioloxía xenética e molecular do cancro. Quimioprevención do cancro: ensaios clínicos. Vitamina D, nutracéuticos, fungos, microbioma

***2480**

Castelao Fernández, José Esteban

2,160

9,000

28,000

0,000

39,160

Estudo da autofaxia no envellecemento articular e na artrose: desenvolvemento de terapias dirixidas

***3001**

Caramés Pérez, Beatriz

1,760

9,000

24,100

5,000

39,860

Estudo da disfunción mitocondrial e da dieta na inflamación asociada a patoloxías articulares e diálise peritoneal

***2960**

López Armada, María José

3,000

9,000

28,000

0,000

40,000

Estudo da xenética mitocondrial en enfermidades reumáticas, especialmente a artrose e artrite reumatoide

***2563**

Rego Pérez, José Ignacio

2,140

9,000

24,000

5,000

40,140

Estudo e abordaxe farmacolóxica das respostas inmunes innatas articulares e a osificación heterotópica

***3834**

Gómez Vaamonde, Rodolfo

3,000

9,000

10,800

5,000

27,800

Estudos de mecanismos de resistencia a antimicrobianos en bacterias Gram-multirresistentes e avaliación de novas alternativas antibióticas

***8573**

Beceiro Casas, Alejandro José

3,000

9,000

23,900

5,000

40,900

Estudos moleculares de mecanismos de tolerancias, persistencias e resistencias aos antibióticos. Innovación en técnicas diagnósticas ultrarrápidas de enfermidades infecciosas. Fagoterapia e enzimas derivadas

***4555**

Tomás Carmona, María del Mar

3,000

9,000

24,000

0,000

36,000

Xenética cardiovascular: cardiopatías familiares, enfermidades aórticas, cardiotoxicidade, morte súbita cardíaca, farmacoxenética cardiovascular

***2354**

Brión Martínez, María José

2,270

9,000

28,000

5,000

44,270

Ictus translacional e neuroprotección

***0212**

Campos Pérez, Francisco

3,000

9,000

13,200

5,000

30,200

Infección por VIH e SARS-CoV-2: epidemioloxía molecular/resistencias, factores de evolución e resposta a tratamento, inflamación e vesículas extracelulares

***5430**

Poveda López, Eva

3,000

9,000

26,400

5,000

43,400

Infertilidade: fragmentación do ADN dos espermatozoides

***4822**

Fernández García, José Luis

3,000

9,000

28,000

5,000

45,000

Insuficiencia cardíaca avanzada e transplante cardíaco

***2873**

Domenech García, Nieves

3,000

9,000

28,000

5,000

45,000

Interaccións neuroendócrinas en enfermidades reumáticas e inflamatorias

***3960**

Gualillo, Oreste

3,000

9,000

28,000

0,000

40,000

Mecanismos patoxénicos, biomarcadores e dianas terapéuticas en enfermidades autoinmunes: artrite reumatoide e lupus eritematoso sistémico

***5397**

Conde Muro, Carmen

3,000

9,000

28,000

0,000

40,000

Nanomedicamentos baseados en nanosistemas lipídicos para tratamento e diagnóstico de cancro e outras enfermidades prevalentes. Deseño de novas terapias dirixidas en oncoloxía

***8697**

De la Fuente Freire, María

1,620

9,000

17,100

5,000

32,720

Neurociencias, oncoloxía e hematoloxía

***3173**

Mayán Santos, María Dolores

3,000

9,000

3,600

5,000

20,600

Novas vías de comunicación do tecido adiposo na fisiopatoloxía e terapias da obesidade: identificación de biomarcadores circulantes e mecanismos endócrinos mediados por vesículas extracelulares

***0942**

Pardo Pérez, María

3,000

9,000

26,400

5,000

43,400

Regulación da homeostase enerxética e da viabilidade e o metabolismo cardiomiocitario por parte de adipoquinas e de fármacos utilizados en medicina cardiovascular

***8531**

Lago Paz, María Francisca

3,000

9,000

28,000

5,000

45,000

Reumatoloxía experimental e observacional. Autoinmunidade e xenética

***3388**

González Martínez-Pedrayo, Antonio Luis

3,000

9,000

28,000

0,000

40,000

Senescencia celular en fisioloxía e patoloxía

***3126**

Fernández Ferreiro, Anxo

2,810

9,000

7,000

5,000

23,810

Sistemas ligando-receptor endóxenos determinantes nas patoloxías asociadas a procesos proliferativos e reparadores

***4991**

Pazos Randulfe, Yolanda

3,000

9,000

28,000

5,000

45,000

Tumores xinecolóxicos e biopsia líquida

***8859**

Abal Posada, Miguel

0,019

9,000

28,000

5,000

42,019

Investigador-sanitario-subgrupo C1

Epidemioloxía xenética e molecular do cancro. Quimioprevención do cancro: ensaios clínicos. Vitamina D, nutracéuticos, fungos, microbioma

***6609**

Miranda Ponte, Sara

5,780

6,000

28,000

5,000

44,780

Xestión e manexo de microscopia confocal

***5233**

Picado Barreiro, Marta

3,060

0,000

28,000

5,000

36,060