DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Villestro II-Figueiras II, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Villestro II-Figueiras II, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

O proxecto de reestruturación parcelaria será sometido a avaliación de impacto ambiental ordinaria. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo sinalado as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural